Cursos sobre LibreOffice na aula CeMIT de Boiro

Luns, 30 Outubro 2023
Cursos sobre LibreOffice na aula CeMIT de Boiro

A aula CeMIT do Concello de Boiro amplía a oferta de cursos formativos no mes de novembro de 2023, impartindo varios cursos sobre LibreOffice.

Cartel do sCursos sobre LibreOffice na aula CeMIT de Boiro

Os cursos centraranse nas ferramenta ofimáticas de LibreOffice, todos eles en horario de 10.00 a 12.00 da mañá:
Writer, entre o 6 e o 9 de novembro
Calc, do 13 ao 16 de novembro
Base, do 20 ao 23 de novembro
Impress, do 27 ao 30 de novembro

As prazas son limitadas e requírese inscrición previa. As inscricións están abertas e poden facerse na Aula CeMIT no Centro Social de Boiro, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org, no teléfono 981 84 26 35 ou no móbil 629 769 139.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal