esLibre terá lugar o 12 e 13 de maio en Zaragoza

Xoves, 19 Xaneiro 2023

Xa está en marcha a próxima edición de esLibre, esta vez facendo de anfitrioas as comunidades de Vitalinux e migasfree para volver celebrar estas xornadas de coñecemento libre en Etopia, o Centro de Arte e Tecnoloxía de Zaragoza, o 12 e 13 de maio.

A segunda fase para enviarnos todas as túas ideas está aberta ata o 19 de marzo. Anímate a participar!

Información sobre o envío de propostas: https://eslib.re/2023/propuestas/
Propostas confirmadas na primeira fase: https://propuestas.eslib.re/2023/

esLibre Edición 2023

esLibre é un encontro de persoas interesadas na divulgación da cultura libre e as tecnoloxías libres, tanto en forma de software libre como en forma de hardware libre, así como das comunidades que fan isto posible.

Seguirase o mesmo formato que en anos anteriores: charlas, talleres, salas de comunidades… contando co apoio de asociacións como Interferencias, LibreLabGRX ou GALPon e outros organismos como a OfiLibre da URJC, AGASOL, Wikimedia España ou a OSLUZ, que axudarán á organización e sumarán esforzos na realización desta edición en formato híbrido presencial/virtual.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal