FOSDEM 2022, evento para a promoción do software libre

Luns, 24 Xaneiro 2022
FOSDEM 2022, evento para a promoción do software libre

FOSDEM 2022, evento que terá lugar o 5 e 6 de febreiro, organizado por voluntarios para promover o uso do software libre e de código aberto.

FOSDEM

Adoita celebrarse na cidade de Bruxelas (Bélxica), e está amplamente recoñecido como a mellor conferencia deste tipo en Europa.

É un evento gratuíto e non comercial organizado pola comunidade para a comunidade.

O obxectivo é proporcionar aos desenvolvedores e comunidades de software libre e de código aberto un lugar de encontro para:
– entrar en contacto con outros desenvolvedores e proxectos;
– informarse sobre os últimos avances no mundo do software libre;
– asistir a interesantes charlas e presentacións sobre diversos temas a cargo de responsables de proxectos;
– promover o desenvolvemento e os beneficios do software libre e as solucións de código aberto.

Na FOSDEM habilítanse salas para desenvolvedores (devrooms) con conexión á internet e proxectores onde os equipos poden reunirse e mostrar os seus proxectos. As devrooms son un lugar para que os equipos discutan e presenten publicamente charlas lóstrego, noticias e debates.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal