Na cerimonia dos Premios OSOR déronse a coñecer diferentes solucións e iniciativas que impulsaron o software libre nos servizos públicos de Europa.
Un total de 92 inscricións, sendo 22 delas seleccionadas e chegando 6 proxectos á fase final do premio:
– Geotrek
– gvSIG suite
– Decidim
– Démarches simplifiées
– OS2
– Publiccode.yml Standard
No evento púxose énfase na importancia do software libre para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) das Nacións Unidas. Os membros do panel tamén compartiron un chamamento a redes de colaboración global entre OSPOs a nivel mundial, destacando a necesidade de esforzos localizados con impactos significativos.
Ademais, os membros do panel subliñaron a necesidade de financiamento estratéxico a longo prazo para a participación do goberno e a visión da infraestrutura dixital como un recurso que require apoio público, buscando un maior control democrático sobre a tecnoloxía e procesos de deseño colaborativos desde o principio.
Gañadores dos premios OSOR 2023

BlueHats gañou a votación da Comunidade OSOR:
“Para aqueles que creen que é imposible colocar o software de código aberto no corazón dos nosos sistemas de información de servizos públicos, os BlueHats están a facelo realidade. Este premio vai para todos aqueles que aínda non saben que o seu traballo é apreciado!”, dixo Bastien Guerry dos Blue Hats.

O gañador á mellor iniciativa de software libre e solucións no sector público europeo foi GeoTrek:
“Cando comezamos o proxecto GeoTrek hai 10 anos, a aproximación innovadora do código aberto non era sempre ben comprendida. Ao longo dos anos, demostrou ser eficaz e permitiu construír unha comunidade de máis de 150 organizacións públicas, que xuntan os seus recursos para construír e compartir unha ferramenta común. Este premio confirma o apoio da Comisión Europea para este tipo de aproximación, así como a súa relevancia e coherencia cos valores e políticas públicas europeas. Anímanos a continuar cos nosos esforzos, a estendelo a outros países europeos e a compartir a nosa experiencia para que poida ser útil a outros proxectos e comunidades”, dixo Camille do Parque Nacional Ecrins.

gvSIG Suite recibiu o premio á mellor solución de software libre:
“O premio representa o recoñecemento dos logros conseguidos polo proxecto GVSIG e serve como un impulso para alcanzar novos obxectivos, seguindo traballando para facer de Europa un referente en xeomática desenvolvida con software de código aberto”, dixo Álvaro Anguix e Francisco José Peñarrubia de gvSIG Suite.
