GNU Guix fai 10 anos

Luns, 25 Abril 2022
GNU Guix fai 10 anos

O proxecto no que se desenvolve o sistema de paquetería e a distribución 100% libre e respectuosa cos usuarios GNU Guix foi comezado a mediados de abril do 2012. Dende aquela máis de 600 persoas teñen colaborado no seu desenvolvemento.

O sistema de paquetería pode empregarse tanto en sistemas operativos con núcleo Linux como en Hurd e a distribución que tamén emprega o sistema de paquetería homónimo utiliza o kernel Linux-libre como núcleo e conta con máis de 20.000 paquetes de software libre entre os que se atopan as aplicacións libres máis comúns.

Na páxina web do proxecto pódese descargar GNU Guix, consultar titoriais e guías en distintos formatos, así como obter máis información sobre o mesmo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal