Mancomún

GPUL School – Software libre e outros misterios legais

Luns, 4 Abril 2022
GPUL School – Software libre e outros misterios legais

O martes 5 de abril, en horario de 18.30 a 20.00, terá lugar na Facultade de Informática da UDC a charla no “GPUL School – Software libre e outros misterios legais” con Bárbara Román.

Cando rematas a carreira entras no mundo profesional sen ter moita idea de nada, así que será de utilidade aprender como podes licenciar un proxecto de software libre e conseguir premios por elo, que necesitas para compartir ideas, como lanzar un negocio ou de que forma pedirlle ao teu xefe unha subida de soldo.

Falaremos de software, licenzas, proxectos, emprendemento, explotación laboral e teremos un turno de preguntas para que non quedes con dúbidas. As cousas legais canto máis claras, mellor.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal