Obradoiro de iniciación ao deseño 3D con FreeCAD, na Industriosa

Luns, 4 Abril 2022
Obradoiro de iniciación ao deseño 3D con FreeCAD, na Industriosa

O venres 8 de abril, en horario de 16.30 a 19.30, terá lugar o “Obradoiro de iniciación ao deseño 3D con FreeCAD”, nas instalacións da Industriosa (R/ Barcelona 13 – Vigo).

Rompéuseche o soporte da ducha? Necesitas unha caixa a medida ou especial? Queres facer un molde para dar forma á tua pasta fresca o ás túas galletas? Queres crear unha peza de xoiería, un adorno ou un regalo único?

Se tes algún destes problemas ou inquietudes, ou outros parecidos nos que precises crear pezas propias, coñecer un programa de modelado 3D coma FreeCAD podería axudarche a conseguilo empregando a impresión 3D.

FreeCAD

FreeCAD é unha das ferramentas de referencia no “mundo maker” para a creación e modelado de pezas en 3D, totalmente libre (e gratuita), que alcanzou o seu máximo apoxeo gracias á popularización das impresoras 3D, ó alcance xa de calquera persoa hoxe en día. É multiplataforma, polo que poderás usala indistintamente en calquera ordenador con calquera Sistema Operativo: Windows, GNU/Linux ou OSX.

As nosas relatoras -Elena e Miguel- farán unha introdución dende cero a esta ferramenta, para iniciarte e comezar a crear as túas primeiras pezas. O obradoiro será totalmente práctico e está pensado para que saias facendo algo xa, cunha mínima base que che permita seguir aprendendo e evolucionando.

Requisitos:
Un ordenador coa última versión de FreeCAD instalada (v0.19, dispoñible en https://www.freecadweb.org/downloads.php) e, preferiblemente, un rato de 2 botóns + roda de desprazamento (os touchpads, trackpads… son pouco adecuados).

Evento patrocinado pola Xunta de Galicia e Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica)

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal