Os días 16, 17 e 18 de febreiro, terá lugar a segunda edición do HackUDC, un hackathon estudantil na Facultade de Informática da UDC, no Campus de Elviña.

Demostra a túa habilidade, conecta con empresas e desafía os teus límites. Haberá máis de 2.000 € en premios e, se estudias na UDC, podes levar 3 ECTS.
HackUDC 2024 é a segunda edición deste hackathon, onde máis de 130 estudantes xúntanse para desenvolver proxectos. O evento terá lugar durante tres días, comezando o venres e rematando o domingo coa entrega de premios.
O único requisito para os proxectos é que teñen que ser publicados baixo unha licenza de software libre.
Durante o evento, as empresas patrocinadoras OURO proporán retos para os proxectos. Cada reto terá un premio. Os participantes terán todo o que necesiten durante o evento. Comidas, duchas, snacks… Totalmente gratis.
Organizado por GPUL. GPUL é unha asociación universitaria vinculada á UDC destinada a fomentar o software e a cultura libre.
