Informe do Estado do Software Libre 2024 da Open Source Initiative

Luns, 19 Febreiro 2024
Informe do Estado do Software Libre 2024 da Open Source Initiative

En febreiro foron publicados os resultados da enquisa anual de Software Libre realizada por OpenLogic en colaboración coa OSI e a Fundación Eclipse.

O Informe do Estado do Software Libre 2024 pon en evidencia os factores que impulsan a adopción do Software Libre (OSS), as tecnoloxías de código aberto máis demandadas e as dificultades que os equipos que usan OSS enfrontan con máis frecuencia. Tamén abórdase no informe o soporte e a planificación para o final de vida útil (EOL) ou para o software que será EOL pronto.

Portada do Informe do Estado do Software Libre 2024 da Open Source Initiative
Imaxe de astronauta vendo varios planetas desde unha nave espacial

Máis de 2.000 usuarios de software libre que traballan en numerosas industrias en todo o mundo responderon a máis de duas ducias de preguntas sobre o uso e o soporte de OSS polas súas organizacións, desde grandes empresas até startups en fase inicial.

Máis do 50% dos sondeados dixeron que exercían de desenvolvedor, enxeñeiro, administrador de sistemas ou arquitecto.

Gráfico do uso de tecnoloxías libres nas empresas para o desenvolvemento de aplicacións

Tecnoloxías usadas para desenvolver aplicacións dentro da empresa

O uso de software libre incrementouse durante o transcurso do último ano. O 33,50% respondeu que “si, significativamente”, o 34,07% que si, o 27% dixo que as cousas se mantiveron iguais e o 5,43% recoñeceu ter reducido o uso de software libre. A evolución de Europa foi menor que en outras zonas, mentres que no Medio Oriente o uso reduciuse nun 22,22%.

Razóns para usar software libre: o 36,64% respondeu que era a redución de custos ou a ausencia de custos de licenza, o 30,17% por unha funcionalidade para acelerar o desenvolvemento, un 27,64% a obtención de tecnoloxía estable co apoio da comunidade a longo prazo, un 21,29% para reducir os bloqueos de vendedor, un 20,39% polos estándares abertos e a interoperabilidade e un 20% para modernizar a súa pila de tecnoloxías.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal