I Love Free Software Day 2021

Luns, 8 Febreiro 2021
I Love Free Software Day 2021

O 14 de febreiro tamén é o Día do Software Libre” 2021. Desde a fsfe animan a que pensemos nos desenvolvedores, colaboradores, deseñadores, todos aqueles que promoveron o uso do Software Libre e moitos máis que dedican o seu tempo para compartir, mellorar e crear Software Libre, e que o 14 de febreiro mostremos o noso amor e agradecemos aos que traballan polo Software Libre.

O Software Libre é creado e apoiado por persoas que poñen moito traballo nel. O distanciamento físico dos últimos meses mostrounos dramaticamente o importante que é o Software Libre para manternos conectados cos nosos seres queridos.

É o Software Libre o que nos permitiu participar en conferencias, clases na universidade ou na escola, ou simplemente gozar das pausas virtuais para comer cos nosos colegas.

Para esta ocasión, podemos usar o hashtag #IloveFS nas redes ou podemos crear unha imaxe dicindo por que amamos o Software Libre.

Podes descargar as fontes nesta ligazón, engadir a túa foto e a túa mensaxe persoal de agradecemento e compartilo nas redes sociais.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal