O 28 de maio, en horario de 10.00 a 14.00, terá lugar o “II Obradoiro de soldadura SMD” nas instalcións da Industriosa. Seguindo a filosofía de soldadura “a man” do I Obradoiro, soldaranse compoñentes pasivos, LEDs SMD (caixa 1206), osciladores, e integrados en caixa TQFP.
Aprende as técnicas necesarias, e tamén como reaccionar ante erros de soldadura. Así mesmo, tamén aplicarás de novo as técnicas de soldadura TH (Through-Hole), mediante a soldadura de regletas de pines (headers) e algún outro compoñente de orificio pasante.

Neste obradoiro, soldarás os compoñentes necesarios para ensamblar unha placa de desenvolvemento para microcontroladores PIC de 8 bits, que será utilizada nun futuro próximo en obradoiros de programación, e na que poderás implementar unha chea de aplicacións e desenvolver as túas propias ideas.
Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica
