Inkscape 1.2. chega repleto de novidades. Mellorou o rendemento en toda as versións e agora soporta proxectos multipáxina.
Novidades: marcadores e guións editables, diálogo de capas e obxectos fusionado, redeseño da aliñación no lenzo, diálogo de exportación redeseñado con vista previa e capacidade para seleccionar obxectos, capas ou páxinas.
Importación de imaxes SVG desde Open Clipart, Wikimedia Commons e outras fontes en liña. Orixe do obxecto seleccionable para escalar e mover numericamente. Difuminación de degradados. Operación booleana para dividir trazados e barra de ferramentas configurable, entre outras.