Informe sobre o uso do Software libre nas empresas TIC de Galicia

Martes, 30 Xaneiro 2024
Informe sobre o uso do Software libre nas empresas TIC de Galicia

O informe publicado polo Observartorio da sociedade da información e comunicación de Galicia (OSIMGA), destaca que a metade das empresas TIC ofertan bens ou servizos ao seus clientes en software libre.

Portada do informe "O software libre nas empresas tic de galicia"

O uso do software libre mantívose por riba do 84% nas empresas TIC galegas en 2022, segundo o estudo sobre o uso deste tipo de ferramentas nas empresas TIC de Galicia no ano 2022, publicado por OSIMGA.

As aplicacións libres con maior implantación nas empresas galegas seguen a ser os navegadores de internet e as aplicacións ofimáticas libres, as de xestión de contidos web e xestor de correo electrónico, todos eles cunha presenza superior ao 49% no sector.

O 51,1% das empresas TIC que venden produtos de software, ofertou bens ou servizos en software libre no 2022. Sobre o total de empresas TIC, os programas que máis distribúen as empresas TIC en versión de Software Libre son: Xestión de contidos, páxinas web, marketing dixital, Sistemas, servizos de virtualización, servidores e aplicacións na nube, E-commerce e Ofimática, ofrecidas todas elas por máis da cuarta parte das empresas que venden software.

No 2022, o 89% das empresas TIC que ofrecen produtos ou servizos de Software Libre proporcionan consultaría tecnolóxica de Software Libre, un 4,2% máis que o ano anterior; e un 64,2% das empresas TIC proporciona consultaría de servizos de Software Libre propio, experimentando un incremento do 4,6% respecto ao ano 2021.

As razóns polas que algunhas empresas afirman non contar con Software Libre son principalmente a percepción de que “Non ofrecen as prestacións necesarias” (56,9%), seguido da opinión da “Falta de provedores ou soporte” (34,1%).

O principal motivo polo que as empresas non ofrecen produtos baseado en solucións libres é que non está na liña de negocio da empresa.

A maioría dos usuarios perciben o custe do software libre como principal vantaxe pero o resto de cualidades quedan bastante máis atrás.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia fomenta o software libre no ámbito empresarial a través de diversas accións formativas e de divulgación que contan co soporte da Oficina de Software Libre.

Balance do Plan de Acción 2022

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Decembro 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuais

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal