Mancomún

Iniciación ao procesador de textos LibreOffice en Ponteareas

Martes, 9 Febreiro 2021
Iniciación ao procesador de textos LibreOffice en Ponteareas

A aula CeMIT de Ponteareas organiza este curso en modalidade a distancia “Iniciación ao procesador de textos LibreOffice” cun total de 12 horas/mes.

As clases terán lugar os luns, martes e venres do 15 ao 26 de febreiro de 10:00 a 12:00.

LibreOffice

LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos (Writer), folla de cálculo (Calc), presentacións (Impress), base de datos (Base), debuxo vectorial (Draw) e outras ferramentas.

O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de ficheiro obrigatorio para a publicación e aceptación de documentos.

LibreOffice tamén pode abrir e gardar documentos en moitos formatos diferentes, incluíndo aqueles utilizados en varias versións de Microsoft Office.

Inscrición

Para realizar a inscrición as persoas interesadas deberán contactar a través de chamada ou de mensaxe de whatsapp no número de teléfono 634 238 962.

Ademais poderán contactar coa aula CEMIT de Ponteareas a través do enderezo electrónico cemit.ponteareas@xunta.gal

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal