Xa está aberto o “Call for papers”para a IX Xornada de Usuarios de R en Galicia que terá lugar o día 20 de outubro de 2022, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia), como en edicións anteriores incluirá relatorios sobre temas de actualidade co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.
Esta iniciativa enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Amtega e MeLiSA para a realización de actividades de fomento do software libre en Galicia.
Call For Papers
Se queres presentar un relatorio á IX Xornada de Usuarios de R en Galicia, podes facelo a través desta ligazón e dentro das datas que se especifican a continuación. Todos os resumos deben cumprir os seguintes requisitos:
– Deberá empregarse o modelo definido pola organización (dispoñible en formato ODT e en formato TEX).
– Os resumos deberán ter, como máximo, 4 páxinas.
– Os traballos deben enviarse en formato pdf.
– Os ficheiros dos resumos se nomearán da seguinte maneira:
“IX_XornadasR_Apelido.pdf”
onde “Apelido” debe ser o da persoa que realice a presentación.
Os traballos recibidos serán sometidos a revisión polo Comité Científico, e posteriormente notificarase por correo electrónico o resultado da revisión.
Datas importantes
– Envío de resumos: 25 de setembro
– Avaliación resumos: 2 de outubro
Todos os traballos aceptados serán editados con posterioridade no Libro de Actas da xornada, que estará dispoñible desde a web oficial da xornada.