Mancomún

Kernel en tempo real de Ubuntu

Luns, 20 Febreiro 2023

Canonical anunciou a dispoñibilidade do kernel en tempo real de Ubuntu para todos os usuarios da versión 22.04 LTS da distribución subscritos a Ubuntu Pro. Ofrece mellor resposta na computación na nube, no IoT, no 5G, na Industria 4.0, nos vehículos autónomos e na intelixencia artificial.

Canonical comentou sobre este kernel que:
“…brinda seguridade e confiabilidade de extremo a extremo ás cargas de traballo limitadas no tempo das empresas modernas. Con soporte para cómputo en tempo real, Canonical amplía o seu compromiso de brindar a mellor experiencia na súa clase para o consumo de software de código aberto”.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal