Aberto o rexistro de asistentes para o congreso esLIbre 2023

Luns, 20 Febreiro 2023

Xa está en marcha a próxima edición de esLibre 2023, esta vez facendo de anfitrioas as comunidades de Vitalinux e migasfree para volver celebrar estas xornadas de coñecemento libre os días 12 e 13 de maio en Etopia, o Centro de Arte e Tecnoloxía de Zaragoza.

A segunda fase para enviar as túas ideas está aberta ata o 19 de marzo:
– Información sobre o envío de propostas: https://eslib.re/2023/propuestas/
– Propostas confirmadas na primeira fase: https://propuestas.eslib.re/2023/

Aberto o rexistro de asistentes

Se queres ir preparando a túa viaxe á esLibre2023, podes rexistrarte xa no evento e de paso aproveitar o desconto do 10% que facilitou Renfe nos traxectos longa distancia.

Repasa as propostas xa aceptadas na primeira fase ou mira as que recibimos nesta segunda fase:
– Confirmadas 1ª fase: https://propuestas.eslib.re/2023/
– Recibidas 2ª fase: https://gitlab.com/eslibre/propuestas/-/merge_requests

Lembra que para calquera dúbida podes escribirnos a propuestas@eslib.re

Que non pare a cultura libre!!!

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal