Novas
No portal de Mancomún difundíronse este mes varios eventos como a Kata mensual de Embedded Rust, o curso de Python na fundación FEUGA e o webinar “A Legal Guide To Open Works”. Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a apertura do rexistro de asistentes para o congreso esLIbre 2023, a publicación doutro Mancomún Podcast (Global Game Jam, creación colectiva de videoxogos en Pontevedra), a publicación dun artigo TIC e pílula en vídeo sobre aplicacións libres para Android orientadas a empresa (Nextcloud Files, recupera o control dos teus datos) e a nova sobre Ondsel, FreeCAD para profesionais.
Proxecto destacado

RustDesk, infraestrutura de escritorio virtual ou remoto de software libre e multiplataforma (Windows, macOS, GNU/Linux, iOS, Android e Web.). Funciona sen necesidade de configuracións complicadas. Ten o control total dos teus datos, sen preocupacións de seguridade. Conta cunha licenza GNU Affero General Public License v3.0. Pode utilizarse a través do servidor público de RustDesk ou auto aloxalo no teu propio servidor. Conta con cifrado de extremo a extremo. Podes controlar o rexistro de accesos e xestionar os permisos desde unha moderna interface de usuario.