Número 68 – Boletín Software Libre na Empresa – Xaneiro 2023

Mércores, 25 Xaneiro 2023

Novas

No portal de Mancomún difundíronse varios eventos como a Akademy 2023 que se celebrará en Salónica, a esLibre que terá lugar o 12 e 13 de maio en Zaragoza, a programación de actividades da aula AMTIC do Concello de Ames, un novo meetup organizado por WordPress Coruña, os cursos de LibreOffice Calc na aula CeMIT de Combarro e as PyBirras en Coruña. Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi o manual de boa gobernanza da Alianza OSPO, a publicación doutro programa de Mancomún Podcast (Pablo Mariño, gañador do primeiro premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre 2022) e a publicación do artigo TIC sobre aplicacións libres para Android (OsmAnd, mapas e navegación).


Proxecto destacado

LOGO TRISQUEL

Trisquel, GNU/Linux é un sistema operativo totalmente libre para pequenas empresas, usuarios domésticos e centros educativos. Os principais obxectivos do proxecto son a produción dun sistema operativo totalmente libre. O proxecto naceu en 2004 co patrocinio da Universidade de Vigo. O 11 de decembro de 2008, Trisquel GNU/Linux foi incluída pola Free Software Foundation na lista de distribucións GNU/Linux 100 % libres dispoñibles no website de GNU, seguindo o proceso de verificación para asegurar o compromiso do equipo de desenvolvemento de Trisquel e a súa comunidade para promover e distribuír tan só software 100 % libre.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal