Krita 5.1, mellor soporte para TIFF e WebP

Martes, 30 Agosto 2022
Krita 5.1, mellor soporte para TIFF e WebP

Krita 5.1, nova versión desta aplicación libre de debuxo que forma parte do ecosistema de KDE. Krita 5.1 chega con melloras importantes, como as melloras referentes a WebP, formato de imaxe sucesor de JPEG. Krita 5.1 incorpora agora soporte completo para o códec de WebP.

Krita 5.1

Melloras na compatibilidade cos formatos de Photoshop, incorporando soporte de TIFF en capas destes formatos. Modificouse tamén o diálogo de exportación a TIFF, que soporta a carga e o gardado de metadatos do formato de imaxe.

Krita 5.1 permite gardar e cargar etiquetas da capa de cor a ficheiros PSD. Incorporación de JPEG-XL, a versión máis recente do formato JPEG, que trae amplas gamas de cores e HDR á web.

As ferramentas de recheo foron ampliadas cunha característica de recheo continuo e unha nova ferramenta de encerrar e encher. Configuración dos controis táctiles na configuración das entradas do lenzo e a posibilidade de compilar a aplicación para RISC-V, entre outras.

Vídeo coas novidades

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal