Lenovo, System76 e Tuxedo contan con novos equipos con GNU/Linux

Martes, 9 Marzo 2021
Lenovo, System76 e Tuxedo contan con novos equipos con GNU/Linux

Novos lanzamento de equipos portátiles con GNU/Linux preinstalado como sistema operativo: Lenovo ThinkPad P1 Gen 3, InfinityBook S 15 de Tuxedo e Darter Pro de System76.

O ThinkPad P1 Gen 3 conta con Fedora 33, procesador Intel Core i7-10750 H con seis núcleo físicos, doce fíos, 2,6Ghz e 5Ghz en modo turbo; 8 GB de memoria DDR4; SSD de 256 GB por PCIe; pantalla antireflexos de 15,6 polgadas FullHD; lector de impresións dixitais; Intel Wi-fi 6 AX201 802.11AX con Bluetooth 5.1 e NVIDIA Quadro T1000 con 4 GB como gráfica dedicada. Prezo 1.594,42 dólares.

Tanto o InfinityBook S 15 de Tuxedo con Ubuntu, como o Darter Pro de System76 con Pop!_OS ou Ubuntu, permiten seleccionar entre un Intel Core i5-1135 G7 e un Intel Core i7-1165 G7; poden incorporar entre 8 e 64 gigas de memoria RAM a 3.200 MHz; dúas unidades en formato M.2; pantallas de 15,6 polgadas IPS Full HD; baterías de 73 Wh. Prezo do InfinityBook S 15 de Tuxedo, 937 euros. Prezo do Darter Pro de System76, 1.099 dólares.

Máis información nas webs respectivas:
https://www.lenovo.com/us/en/laptops/thinkpad/thinkpad-p/ThinkPad-P1-Gen-3/p/20THCTO1WWENUS1
https://www.tuxedocomputers.com/en/Linux-Hardware/Linux-Notebooks/15-16-inch/TUXEDO-InfinityBook-S-15-Gen6.tuxedo
https://system76.com/laptops/darter

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal