Linus Torvalds anunciou a dispoñibilidade oficial do kernel Linux 6.2, onde destacan as melloras en Btrfs e outros sistemas de ficheiros, e a mellora do soporte para hardware, entre outras.

Novidades destacadas: en Btrfs mellorouse o rendemento de certas funcións, mellor implementación do soporte para RAID 5/6. Xfs avanzou no soporte de reparación en liña do sistema de ficheiros, exFAT é capaz de manexar a creación de ficheiros e cartafoles de forma máis rápida.
As gráficas Intel Arc funcionan oficialmente, entre outras.