Linux App Summit (LAS) 2021

Mércores, 5 Maio 2021
Linux App Summit (LAS) 2021

Linux App Summit (LAS), é un dos eventos internacionais máis relevantes en canto a desenvolvemento de aplicacións para o ecosistema Linux.

Linux App Summit

Linux App Summit terá lugar durante os días 13 ao 15 de maio deste ano. Este evento reúne á comunidade global de Linux para aprender, colaborar e axudar a crecer o ecosistema de aplicacións de Linux. A través de charlas, paneis e sesións de preguntas e respostas, animan aos asistentes para compartir ideas, facer conexións e unirse ao obxectivo de construír un ecosistema de aplicacións común.

Tamén se poderá asistir ás charlas en liña e de forma gratuíta, pero é necesario rexistrarse nesta ligazón. Tamén estará dispoñible en vivo a través da canle de Youtube.

Programa

Podedes ver o programa completo nesta ligazón.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal