Micro:bit, obradoiro de programación de Amigus Labs

Martes, 10 Agosto 2021
Micro:bit, obradoiro de programación de Amigus Labs

O 19 e 20 de agosto terá lugar un “Obradoiro de programación” nas instalacións de Amigus Labs, na Praza do Hospital 14 de As Pontes.

O obradoiro de programación con Micro:Bit é unha actividade conxunta, na que participan os pais e nais coas fillas e fillos. A idade dos nenos será entre 7 e 12 anos (cun máximo de dous nenos por grupo).

Micro:Bit

BBC micro:bit é unha pequena tarxeta electrónica programable de 4×5 cm lanzada pola BBC británica no ano 2015, co obxectivo de que máis dun millón de nenos e mozos ingleses aprendesen a programar dunha forma fácil e divertida. No ano 2016 a Fundación Educativa Micro:Bit integrada por empresas como Amazon, Microsoft, Cisco ou Samsung, asumen este proxecto co propósito de promocionar a aprendizaxe da programación e a robótica entre os mozos a nivel mundial.

O obxetivo do obradoiro é iniciarse na construción de circuítos electrónicos que incorporan distintos compoñentes e controlar o seu funcionamento usando unha ferramenta de programación visual como MakeCode.

MakeCode é un sinxelo editor gráfico en liña moi potente que nos posibilita introducirnos no mundo da programación de forma intuitiva a través da linguaxe de programación visual ou de bloques, co que aprendemos a pensar como un programador.

Con metodoloxías que potencien nas nenas e nenos as capacidades reflexivas, críticas e creativas, o obxectivo é que disfruten da tecnoloxía en familia de forma lúdica, fornecendo a súa vez o vínculo familiar.

A Asociación Informática Amigus proporcionará todo o material para realizar o obradoiro.

Inscrición

O curso é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en amiguslabs.org. No caso de ter praza e non poder asistir prégase informar o antes posible para poder cubrir a praza coas seguintes persoas na lista de espera nos emails amigus@amigus.org

O obradoiro está completo, pero pódese facer a inscrición na lista de espera nesta ligazón.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal