Mulleres en Tech – Cristina Pampín

Venres, 28 Abril 2023
Mulleres en Tech – Cristina Pampín

Estreamos sección onde publicaremos, cada mes, unha infografía con entrevistas a mulleres relevantes no mundo tecnolóxico: Mulleres en Tech – Elas programan, elas deseñan.

Infografia - mulleres en texch - Cris Pampín

Nesta primeira entrevista, falamos con Cris Pampín:

– 3 cousas que che gustan de traballar no sector tecnolóxico?

Encántame a flexibilidade, tanto en ritmos de traballo e horarios, como ao longo da miña carreira profesional xa que podo cambiar o meu rol para exercer outras funcións dentro do sector. Tamén disfruto moitísimo resolvendo as miñas tarefas, xa que aínda que só me encargo dunha pequena parte de todo o que implica un produto tech, as miñas tarefas adoitan ser variadas e moitas veces pasan por aprender cousas novas para poder resolvelas. Ademais gústame a comunidade que se crea ao redor de eventos tecnolóxicos, persoas que comparten coñecementos en Youtube, na súa web, en podcasts, en Twitch… xa que me axuda a ter referentes e a sentirme acompañada.

– Un consello para as mulleres que se queiran dedicar á tecnoloxía

Paciencia e forza, ás veces os inicios non son nada sinxelos, pero moitas pasamos pola mesma situación e conseguimos entrar no sector.

– Futuro do software libre na túa área de traballo

Sen dúbida o futuro do software libre é prometedor, cada vez son máis as empresas e as persoas que se animan a contribuír. Pero tamén considero que falta algo de divulgación para consegurir chegar máis lonxe.

– Compañeira que admiras

Moitas!.

linkedin: /cristinarivaspampin
twitter: /cristina_pampin

Na seguinte entrevista:
Cristina Carrascal

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal