MX Linux 19.4, actualízase a Linux 5.10 LTS

Mércores, 14 Abril 2021
MX Linux 19.4, actualízase a Linux 5.10 LTS

MX Linux 19.4, nova versión desta distribución lixeira para equipos con poucos recursos.

MX Linux 19.4 chega co kernel Linux 4.19 LTS totalmente parcheado, Mesa 18.3.6 e os escritorios Xfce 4.14, KDE Plasma 5.15 ou Fluxbox como opción lixeira. Continúa tendo o soporte de hardware avanzado (pero soamente para 64-bits).

Outras novidades: mellora do instalador cun indicador de seguridade para os contrasinais, engade modo de liña de comandos para a utilidade de instantáneas, mellora do soporte de temas para o escritorio e aumento das traducións.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal