Nextcloud Hub 4, IA e ética

Mércores, 5 Abril 2023
Nextcloud Hub 4, IA e ética

Nextcloud Hub 4, plataforma de produtividade colaborativa en liña que inclúe aplicacións de oficina, comunicación e xestión de grupo, agora combina Intelixencia Artificial e ética con elas.

As ferramentas de Intelixencia Artificial que Nextcloud Hub 4 integra coas aplicacións de produtividade califícanse en criterios como a dispoñibilidade do modelo, o código orixinal e os datos de adestramento.

Introduciuse unha nova aplicación chamada Smart Picker que permite xerar un texto con ChatGPT, unha imaxe con Stable Diffusion ou texto convertido a partir dun arquivo de voz coa axuda de Whisper. Tamén, podemos traducir textos con DeepL, inserir Gifs de Giphy, mapas de OpenStreetMaps, ligazóns de vídeo de PeerTube ou contido de Mastodon.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal