Nova distro insignia do proxecto Asahi Linux

Xoves, 10 Agosto 2023
Nova distro insignia do proxecto Asahi Linux

Asahi Linux, proxecto de enxeñería inversa que permite poñer sistemas GNU/Linux en equipos con procesadores Apple Silicon baseados en ARM, anunciou nova distribución insignia: Fedora Asahi Remix. Fedora permite aos responsables de Asahi contribuír de forma upstream e centrar os seus esforzos no que realmente lles importa.

Nun principio Asahi Linux tomara Arch Linux ARM como base de funcionamento, usando directamente os repositorios de Arch Linux ARM. Varios compoñentes de Asahi, o cargador de arranque de baixo nivel m1n1 e as ferramentas de scripts, xa están dispoñibles nos repositorios oficiais de Fedora.

Asahi Linux

Os responsables de Asahi comentaron que:

“Traballar directamente con upstream significa que non só podemos integrarnos máis estreitamente coa distribución central, senón que tamén podemos solucionar problemas noutros paquetes de forma rápida e sen problemas. Isto é particularmente importante para plataformas como ARM64 de escritorio, onde aínda nos atopamos con erros aleatorios en aplicacións e paquetes con bastante frecuencia.”

“O escritorio Linux para ARM64 foi unha plataforma de nicho (ata agora), e con moitas menos probas vén unha maior propensión aos erros, polo que é moi importante que podamos abordar estes problemas rapidamente. Fedora xa ten un port para ARM64 moi sólido e totalmente compatible cunha gran base de usuarios no segmento de servidores/sen periféricos (headless), polo que é unha base excelente para construír e axudar a mellorar o estado do escritorio Linux en ARM64 para todos”.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal