Novo portal de datos abertos de Navarra

Xoves, 17 Febreiro 2022
Novo portal de datos abertos de Navarra

O Goberno de Navarra presentou o seu novo portal de datos abertos co que pretende reforzar o compromiso dos datos abertos.

O obxectivo do portal é integrar catálogos de distintas institucións, organismos ou entidades da comunidade foral, para expoñer datos públicos sen restricións técnicas, nin legais, co fin de que particulares e empresas poidan reutilizalos, distribuílos e crear ferramentas e servizos. O portal permite xestionar e publicar conxuntos de datos e os seus metadatos.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal