Novas
- LEOS, software de código aberto para editar lexislación [Ler máis…]
- O Portal Federal de Desenvolvemento alemán [Ler máis…]
- Wiki Loves Monuments 2022 España [Ler máis…]
- O CERN e Fermilab migran a AlmaLinux [Ler máis…]
Formación e eventos
- Faladoiro Mancomún 2022, con Alba Mayoral [Ler máis…]
- Curso internacional de fabricación dixital Fab Academy [Ler máis…]
- WordPress Coruña – A web polo tellado [Ler máis…]
- GPUL School – Docker 101 Workshop [Ler máis…]
Caso de éxito

Gante espera obter unha mellor comprensión do comportamento da mobilidade dos estudantes en Flandes, e utilizalo para contribuír á formulación de políticas rexionais innovadoras, usando a caixa de ferramentas PoliVisu (conxunto de ferramentas de procesamento e visualización de datos). PoliVisu está a cambiar a forma de facer política urbana colaborativa, axudando ás cidades a tomar decisións eficaces, informadas e baseadas en datos.
O Servizo de Datos e Información do Concello de Gante recoñece que os macrodatos dos teléfonos móbiles constitúen unha fonte prometedora para mellorar a información precisa sobre poboación, migración e mobilidade co fin de obter novas perspectivas.
Proxecto destacado

WebGLayer é unha biblioteca Javascript de software libre utilizada para desenvolver mapas analíticos que axudan ás persoas para comprender os datos e a utilizalos para apoiar as súas decisións. Os mapas ofrecen unha interactividade moi alta e unha reacción rápida ás accións do usuario.
Cada unha das vistas permite diferentes interaccións (como o filtrado ou a análise de relacións) que desencadean unha actualización instantánea das demais vistas. Deste xeito, os usuarios benefícianse de visualizacións de datos inmediatas e dinámicas, comprenden mellor os datos aplicando filtros e teñen a oportunidade de descubrir relacións e patróns nos datos.
Segue a…

Conta de twitter do portal Joinup (@Joinup_eu), plataforma da Comisión Europea para soluciones TIC de goberno dixital interoperables, abertas e gratuítas, e un espazo en liña para que profesionais e entusiastas da administración electrónica compartan e aprendan sobre servizos e iniciativas públicas dixitais.
