Número 101 – Boletín de Software Libre na Administración – Decembro 2022

Mércores, 21 Decembro 2022

Novas

Formación e eventos

Caso de éxito

Gante espera obter unha mellor comprensión do comportamento da mobilidade dos estudantes en Flandes, e utilizalo para contribuír á formulación de políticas rexionais innovadoras, usando a caixa de ferramentas PoliVisu (conxunto de ferramentas de procesamento e visualización de datos). PoliVisu está a cambiar a forma de facer política urbana colaborativa, axudando ás cidades a tomar decisións eficaces, informadas e baseadas en datos.

O Servizo de Datos e Información do Concello de Gante recoñece que os macrodatos dos teléfonos móbiles constitúen unha fonte prometedora para mellorar a información precisa sobre poboación, migración e mobilidade co fin de obter novas perspectivas.

Proxecto destacado

WebGLayer é unha biblioteca Javascript de software libre utilizada para desenvolver mapas analíticos que axudan ás persoas para comprender os datos e a utilizalos para apoiar as súas decisións. Os mapas ofrecen unha interactividade moi alta e unha reacción rápida ás accións do usuario.

Cada unha das vistas permite diferentes interaccións (como o filtrado ou a análise de relacións) que desencadean unha actualización instantánea das demais vistas. Deste xeito, os usuarios benefícianse de visualizacións de datos inmediatas e dinámicas, comprenden mellor os datos aplicando filtros e teñen a oportunidade de descubrir relacións e patróns nos datos.

Segue a…

Conta de twitter do portal Joinup (@Joinup_eu), plataforma da Comisión Europea para soluciones TIC de goberno dixital interoperables, abertas e gratuítas, e un espazo en liña para que profesionais e entusiastas da administración electrónica compartan e aprendan sobre servizos e iniciativas públicas dixitais.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal