Mancomún

Número 72 – Boletín Software Libre na Empresa – Maio 2023

Mércores, 31 Maio 2023
Número 72 – Boletín Software Libre na Empresa – Maio 2023

Boletín Software Libre empresarial – Maio

Boletín Software Libre na Empresa – Maio 2023

Novas

No portal de Mancomún difundíronse este mes varios eventos como o Curso de Calc na aula CeMIT de Boiro en xuño, a kata mensual de Embedded Rust na Industriosa, un obradoiro de iniciación a KiCad na Industriosa e os talleres de Iniciación a KiCAD no museo Domus A Coruña.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación de dous programas de Mancomún Podcast: Falamos coa xente de BIMrras e Conversas libres. E a publicación doutro artigo TIC: Aplicacións libres para Android orientadas a empresa – Notas con Joplin.

Proxecto destacado

inkscape

Inkscape é un editor libre de gráficos vectoriais con características profesionais e multiplataforma (dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS). O formato principal que utiliza o programa é Scalable Vector Graphics (SVG), pero desde a ferramenta podemos exportar e importar varios formatos de arquivo, incluíndo SVG, AI, EPS, PDF, PS e PNG.

Inkscape é unha das ferramentas libres de edición de imaxes máis empregadas, usada por deseñadores profesionais (en empresas de publicidade ou imaxe corporativa, enxeñería/CAD, gráficos web ou deseño de cómics) e afeccionados de todo o mundo para crear unha gran variedade de gráficos como ilustracións, iconas, logos, diagramas, mapas e deseños web.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal