Número 73 – Boletín Software Libre na Empresa – Xuño 2023

Mércores, 21 Xuño 2023
Número 73 – Boletín Software Libre na Empresa – Xuño 2023

Boletín Software Libre empresarial Xuño

Número 73 – Boletín Software Libre na Empresa – Xuño 2023

Novas

No portal de Mancomún difundíronse este mes varios eventos como os cursos da aula CeMIT de Ames que organiza para xuño e xullo, o taller sobre “Canto diñeiro vas seguir perdendo por non montares unha tenda online?”, ou as Xornadas de SIG Libre.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación da nova da Linux Foundation e RISC-V International que lanzan RISC-V Fundamentals Course, a publicación dun programa de Mancomún Podcast: Steam Deck, portátil e consola, a publicación dun artigo TIC sobre Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Contactos de Simple Mobile Tools e unha nova infografía sobre Mulleres en Tech, neste caso sobre Ana Jiménez.

Proxecto destacado

Owlyshield

Owlyshield é unha solución EDR (Endpoint Detection and Response) de software libre para servidores GNU/Linux, Windows e dispositivos IoT. Analiza os procesos que utilizan os arquivos para detectar intrusións a través da explotación de vulnerabilidades. Moi eficaz na detección de malware que pode pasar desapercibido por outras solucións EDR.

A idea principal de Owlyshield é aprender o comportamento normal das aplicacións (esencialmente árbores de procesos) e utilizar este coñecemento para identificar ataques. Pódese utilizar Owlyshield para gravar e reproducir as actividades de arquivo para a formación de modelos de aprendizaxe automática.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal