Canto diñeiro vas seguir perdendo por non montares unha tenda online?

Martes, 6 Xuño 2023
Canto diñeiro vas seguir perdendo por non montares unha tenda online?

WordPress Coruña organiza o relatorio “Canto diñeiro vas seguir perdendo por non montares unha tenda online?” o 15 de xuño, de 19.30 a 21.00 horas, nas instalacións de WeKCo (Av. Novo Mesoiro 2, A Coruña).

Aprende a crear un ecommerce en 10 pasos e consigue a túa primeira venda. Na internet hai moitas, moitísimas oportunidades. E nada indica que vaian acabar, máis ben ao contrario. Cada vez procuramos, comparamos e mercamos máis por internet.

Canto diñeiro vas seguir perdendo por non montares unha tenda online?

E tes tres camiños:
– Podes dar as costas a esta realidade e que a túa competencia se posicione no mercado online.
– Podes publicar un sitio de calquera maneira e depender da sorte que haxa nese intre.
– Ou podes actuar.

Se elixiches a terceira opción tes unha cita connosco na próxima edición da Meetup de WordPress da Coruña. Nela aprenderás a montar unha tenda online en 10 pasos, desde que tes unha idea de negocio ata ter a túa primeira venda.

Sen dar mil voltas nin configurar trescentas opcións que soan a chinés.

Imos crear unha tenda online mínima viable. Directos. Ao punto. En 45 minutos. Coas ferramentas imprescindibles para que poidas replicalo todo na túa casa.

O encargado de guiarnos nesta tarefa é Anxo Sánchez, deseñador web, creador de múltiples trangalladas coas que se gaña a vida e membro da comunidade de WordPress A Coruña. Pódelo atopar en anxosanchez.com.

A continuación, e xusto ao finalizar o evento, teremos o noso habitual networking acompañado duns petiscos. Apúntate, só hai 30 prazas!!

Sabes chegar a WekCo?
– En coche, hai moito sitio onde aparcar
– En autobús, na liña 21

Agardámoste!

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal