As Xornadas de SIG Libre son un evento onde compartir e intercambiar coñecementos ao redor das xeotecnoloxías libres e a ciencia de datos espaciais.
Comunicacións e workshops que poñen énfases no como se levou a cabo un proxecto ou unha solución, máis que en mostrar o resultado en si. Charlas curtas que poñen o foco no que e mostran os proxectos e novidades no ámbito das xeotecnoloxías e a ciencia de datos espaciais.

Esta edición as Xornadas de SIG libre celébranse presencialmente o 14 e 15 de xuño de 2023 na Facultat de Lletres i de Turisme da Universitat de Xirona.
O evento reúne a persoas interesadas nas xeotecnoloxías e a ciencia de datos espaciais de diferentes partes do estado español.
