Número 79 – Boletín Software Libre na Empresa – Decembro 2023

Martes, 26 Decembro 2023
Número 79 – Boletín Software Libre na Empresa – Decembro 2023
Número 79 – Boletín Software Libre na Empresa – Decembro 2023

Novas

No portal de Mancomún difundíronse estes días varios eventos como o Faladoiro que tivo lugar no Seixo: Patrimonio (in)visible, organizado pola Comunidade O Zulo. Publicamos outro programa de Mancomún Podcast: Terceiro e último volume de Balkar, novela gráfica creada con software libre, publicamos tamén un artigo TIC sobre Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: xestor de arquivos e unha nova infografía sobre Mulleres en Tech de Verónica Pérez.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a nova sobre a esLibre 2024 que terá lugar en Valencia e o proxecto de Mozilla llamafile que permite executar LLM nun arquivo.

Proxecto destacado

ImageMagick é un conxunto de software libre usado para a edición e manipulación de imaxes dixitais. Pode ser utilizado para crear, editar, compoñer ou converter imaxes de mapa de bits e soporta unha ampla variedade de formatos de ficheiros. Conta con soporte para animación, xestión de cores e renderizado de imaxes. É amplamente utilizado en industrias como o desenvolvemento web, deseño gráfico, edición de vídeo, así como en investigación científica, imaxe médica e astronomía.

logo de ImageMagick

ImageMagick inclúe unha interface de liña de comandos para executar tarefas complexas de procesamento de imaxes, así como API para integrar as súas características en aplicacións de software. Está escrito en C e pode ser utilizado en diversos sistemas operativos, incluíndo GNU/Linux, Windows e macOS. Unha das características clave de ImageMagick é o seu soporte para scripting e automatización.

Balance do Plan de Acción 2022

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Decembro 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuais

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal