Mancomún

Número 85 – Boletín Software Libre na Empresa – Xuño 2024

Mércores, 26 Xuño 2024
Número 85 – Boletín Software Libre na Empresa – Xuño 2024
Número 85 – Boletín Software Libre na Empresa – Xuño 2024
logo de libreoffice

Novas

No portal de Mancomún difundíronse estes días varios eventos como o Webminar de introdución a Inner Source, o Diario de Desenvolvemento: A aventura submarina na Industriosa, a PyConES Vigo 2024 e os cursos de Libre Office Calc na aula CeMIT de Boiro e os cursos na aula CeMIT de Ames.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación do artigo sobre Proxectos libres de IA – Open Medical-LLM Leaderboard, os programas de Mancomún podcast: Guía de liberación de proxectos universitarios e Modelos libres de IA, con César García de “La hora Maker”, a presentación das iniciativas Inner Source entre as empresas galegas, a entrevistas a persoas da comunidade de software libre con Sergio Fernández e a entrevista das Mulleres en Tech, con Ariane Jurado de Bilbao.

Continuamos completando e difundindo novas seccións do portal de Mancomún, como son a Axenda de Mancomún onde recollemos eventos da Comunidade Galega de Software e Hardware libre e a Apeiría, onde poder probar solucións empresariais de software libre de forma sinxela, sen necesidade de instalar nada.

Proxecto destacado

LibreOffice é a suite ofimática libre máis potente para produtividade persoal de software libre para Windows, Mac e GNU/Linux, que conta con varios aplicativos ricos en funcionalidades para todas as túas necesidades de produción de documentos e procesamento de datos: Writer, procesador de textos; Calc, folla de cálculos; Impress, editor de presentacións; Draw, aplicación de debuxo e diagramas de fluxo; Base, base de datos e interface con outras bases de datos; e Math, para a edición de fórmulas matemáticas.

logo de libreoffice

A súa interface limpa e as súas potentes ferramentas permiten dar renda solta á túa creatividade e facer medrar a túa produtividade. A asistencia e documentación é de balde grazas á gran comunidade, usuarios dedicados, colaboradores e desenvolvedores.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal