Axenda de Mancomún: eventos da Comunidade Galega de Software e Hardware libre

Mércores, 3 Abril 2024
Axenda de Mancomún: eventos da Comunidade Galega de Software e Hardware libre

Se queres estar informado sobre os eventos relacionados coa Comunidade Galega de Software e Hardware libre, non deixes de visitar a nosa nova sección do noso portal, “Axenda”.

Captura da sección axenda do portal de Mancomún
Calendario

Nesta “Axenda” atoparedes unha gran cantidade cursos, xornadas, obradoiros e charlas que diferentes entidades, asociacións e grupos galegos organizan ao longo de todo o ano.

Evento Admin Cañas
Evento Django: framework para o desenvolvemento web con Python
Evento Software libre para radioafeccionados

E se formas parte destes grupos, recorda enviarnos a información dos teus futuros eventos para que ningún quede fóra. Podes facelo a través do formulario de contacto que atoparás no portal de Mancomún, ou directamente a través do correo software.libre@xunta.gal

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal