South Savo investiga que apoio precisan as empresas para a adopción de software libre

Martes, 2 Abril 2024
South Savo investiga que apoio precisan as empresas para a adopción de software libre

Como parte do proxecto Open MemoryLab, financiado pola Unión Europea, a rexión finlandesa de South Savo está a traballar para determinar que apoio precisan as empresas da rexión para a adopción e uso de software libre. O proxecto busca fomentar a adopción sistemática de softwarelibre e a innovación, así como mellorar a colaboración entre o sector público e as empresas.

Fotografía dun portátil con persoas traballando diante del e sinalando na pantalla

“É importante para nós entender primeiro que dificultades e necesidades teñen as empresas rexionais en canto á adopción e uso de software libre”, dixo Sami Jantunen, xestor do proxecto Open MemoryLab da Universidade de Ciencias Aplicadas do Sueste de Finlandia.

A curto prazo, as necesidades identificadas abórdanse ofrecendo apoio, formación e co-aprendizaxe para aproveitar as solucións de código aberto no desenvolvemento empresarial e na estratexia organizativa. Máis adiante, o obxectivo máis amplo do proxecto é fomentar o uso sistemático de software libre e axudar ás empresas rexionais e oficinas públicas a adaptarse ao cambiante panorama dixital. Con este fin, as experiencias recollidas diríxense cara a un plan para establecer un centro de competencia en software libre na rexión finlandesa de South Savo, con lazos colaborativos con redes nacionais e internacionais relevantes.

“Establecer un centro de competencia en software libre en South Savo é unha iniciativa brillante e vangardista. Aborda unha necesidade vital de reducir a fenda de coñecemento na adopción e uso de software libre, capacitando ás empresas locais e oficinas públicas para aproveitar todo o potencial do software libre no impulso da innovación, colaboración e eficiencia de costes”, comenta Timo Väliharju, Director Executivo do Centro Finlandés para Sistemas e Solucións Abertas.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal