Akademy-es 2024 celebrarase en Valencia integrada na esLibre

Luns, 1 Abril 2024
Akademy-es 2024 celebrarase en Valencia integrada na esLibre

A Akademy-es 2024 celebrarase en Valencia os días 24 e 25 de maio integrada na esLibre, evento coorganizado pola Asociación GNU/Linux Valencia, en Las Naves, o centro de innovación social e urbana da cidade de Valencia, e La Mutant, o espazo de artes vivas.

Un evento ao que non podes deixar de asistir se che gusta o Software Libre, e máis se es usuario ou colaborador do proxecto KDE.

Foto de grupo da última Akademy-es que realizamos en Valencia

Foto de grupo da última Akademy-es que realizamos en Valencia

Con esta será a segunda ocasión en que os simpatizantes do proxecto KDE visiten a histórica capital da Comunidade Valenciana trala Akademy-es do 2018.

Durante o evento, como é costume, realizaranse charlas tanto para usuarios como para desenvolvedores, ademais de talleres prácticos e outras actividades de carácter máis social cos que se pretenden cumprir os seguintes obxectivos:
– Pór en contacto a desenvolvedores de KDE de toda España, para que poidan falar dos proxectos nos que están traballando, compartir código, experiencias e coñecemento.
– Dar a coñecer os proxectos KDE como o entorno de escritorio para novos usuarios.
– Difundir sobre as tecnoloxías KDE, tanto para novos desenvolvedores como para usuarios que queiran coñecer mellor o KDE.

E por suposto, o obxectivo principal é que todos gocemos aprendendo máis sobre Software Libre e KDE.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal