Mancomún

Número 86 – Boletín Software Libre na Empresa – Xullo 2024

Martes, 30 Xullo 2024
Número 86 – Boletín Software Libre na Empresa – Xullo 2024
Portada do boletín swl para empresa de xullo

Novas

No portal de Mancomún difundíronse estes días varios eventos como o obradoiro sobre Tecnoloxías disruptivas na aula CeMIT de Tomiño, a charla sobre “Son de alta resolución en sistemas GNU/Linux”, na Industriosa, a dispoñibilidade de dous cursos en liña sobre Inner Source e a celebración do segundo webminar de introdución a InnerSource.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación da nova sobre Opt Green (software sostible para hardware sostible) ou a publicación de Carballo (primer gran modelo de linguaxe para o galego).

Publicamos tamén o artigo TIC sobre Aplicacións libres orientadas a empresa – authentik, provedor de identidade autoxestionado, outro programa de Mancomún podcast – PyConEs Vigo 2024 e outra das Entrevistas a persoas da comunidade de software libre, con María José Ginzo nesta ocasión.

Continuamos completando e difundindo novas seccións do portal de Mancomún, como son a Axenda de Mancomún onde recollemos eventos da Comunidade Galega de Software e Hardware libre e a Apeiría, onde poder probar solucións empresariais de software libre de forma sinxela, sen necesidade de instalar nada.

Proxecto destacado

EB corbos Linux for Safety Applications, ofrece á industria automotriz a primeira solución dun sistema operativo baseado en código aberto para aplicacións de seguridade, incluíndo mantemento durante todo o ciclo de vida.

Logo de Ubuntu e deseño dun coche

Con EB corbos Linux for Safety Applications, os fabricantes e provedores da industria automotriz poden utilizar GNU/Linux por primeira vez en dominios funcionais de computación de alto rendemento (HPC) relacionados coa seguridade, como as aplicacións para sistemas avanzados de asistencia ao condutor (ADAS) e vehículos autónomos (AV). Esta solución versátil tamén se pode utilizar en dominios relevantes para a seguridade noutras industrias como a sanidade, a enxeñería de máquinas e a enerxía.

EB corbos Linux for Safety Applications ofrece até 15 anos de mantemento para garantir a seguridade durante toda a vida útil do produto, establecendo así un novo punto de referencia na industria.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal