Mancomún

Número 87 – Boletín Software Libre na Empresa – Agosto 2024

Mércores, 28 Agosto 2024
Número 87 – Boletín Software Libre na Empresa – Agosto 2024
portada do Número 87 – Boletín Software Libre na Empresa – Agosto 2024
Signal

Novas

No portal de Mancomún difundíronse estes días varios eventos como XI Xornada de Usuarios de R en Galicia que terá lugar o 24 de outubro en Santiago de Compostela.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación do fork de Open Blocks, unha versión libre das ferramentas de arte para Realidade Virtual e o lanzamento da versión 129 do navegador Mozilla Firefox, que trae interesantes novidades.

Publicamos tamén a enquisa sobre coñecemento de software libre na comunidade universitaria galega que fixo o Cixug, outro programa de Mancomún podcast – Software libre, o motor da Xenómica, con Adrián Casanova.

No relacionado con InnerSource, publicamos o vídeo do segundo webminar de introdución a InnerSource, anunciouse a data para o terceiro webminar e fixemos a presentación dos Cursos titorizados sobre InnerSource que empezarán en setembro.

Lanzamos un artigo TIC sobre Proxectos libres de IA – Mellorando a accesibilidade con IA, unha entrevistas a persoas da comunidade de software libre: Fco. Javier Teruelo e actualizamos a máquina virtual para sinatura dixital.

Continuamos completando e difundindo novas seccións do portal de Mancomún, como son a Axenda de Mancomún onde recollemos eventos da Comunidade Galega de Software e Hardware libre e a Apeiría, onde poder probar solucións empresariais de software libre de forma sinxela, sen necesidade de instalar nada.

Proxecto destacado

Signal, ferramenta libre de mensaxería instantánea, co enfoque posto na privacidade, combinado con todas as funcións que esperas. Conta con cifrado de punta a punta de última xeración (impulsado polo protocolo de código aberto Signal), para manter as túas conversas seguras. Comparte mensaxes de texto, mensaxes de voz, fotos, vídeos, GIFs e arquivos de balde. Os chats de grupo facilitan manterte en contacto coa túa familia, amigos e compañeiros de traballo.

signal
ilustración da bola do mundo

Non hai anuncios, nin comerciantes afiliados, nin rastrexos estraños en Signal. Signal é unha organización sen ánimo de lucro independente. Non está vinculada a ningunha gran compañía tecnolóxica e nunca poderá ser adquirida por unha delas. O desenvolvemento é apoiado por subvencións e doazóns de persoas.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal