Mancomún

Número 88 – Boletín Software Libre na Empresa – Setembro 2024

Luns, 30 Setembro 2024
Número 88 – Boletín Software Libre na Empresa – Setembro 2024
portada do boletín de swl para empresa
setembro
nethserver

Novas

No portal de Mancomún difundíronse estes días varios eventos como o acto de presentación da PyConES, os cursos de Iniciación ás follas de datos con Calc, o curso de iniciación a Writer e A aventura que me espera: descubrindo a ciencia e a tecnoloxía.

Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi a publicación de Godot 4.3, que mellora o soporte da realidade extendida.

Publicamos tamén o artigo TIC sobre Aplicacións libres orientadas a empresa – xestión de proxectos con OpenProject, outro programa de Mancomún podcast – Wolvic, navegador aberto para XR e outra das entrevistas a persoas da comunidade de software libre: Paola Mondaca.

No relacionado con InnerSource, publicamos o vídeo do terceiro webminar de introdución a InnerSource, organizamos un sorteo de packs de libros impresos polo Día do Software Libre e demos comezo aos cursos titorizados sobre InnerSource.

Continuamos completando e difundindo novas seccións do portal de Mancomún, como son a Axenda de Mancomún onde recollemos eventos da Comunidade Galega de Software e Hardware libre e a Apeiría, onde poder probar solucións empresariais de software libre de forma sinxela, sen necesidade de instalar nada.

Proxecto destacado 

NethServer é un sistema operativo libre para entusiastas de GNU/Linux, deseñado para pequenas oficinas e empresas de tamaño medio. Extremadamente modular e rico en funcionalidades: Servidor de Correo e Filtro, Servidor Web, Groupware, Firewall, Filtro Web, IPS/IDS, VPN e moito máis. Conta cunha interface web potente que simplifica tarefas administrativas comúns, instalación moi fácil e rápida, e moitos módulos preconfigurados instalables cun “clic”.

logo de nethserver

Baseado en CentOS/RHEL, unha distribución de servidor amplamente utilizada e popular, cunha estabilidade sólida e actualizacións de seguridade de confianza. Impulsado por contribuidores e alimentado pola comunidade. Transparente con canles de comunicación abertas e ben documentado.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal