Obradoiro “Árbore de Nadal con Arduino”, en Amigus Labs

Mércores, 1 Decembro 2021
Obradoiro “Árbore de Nadal con Arduino”, en Amigus Labs

O 7 de decembro terá lugar o obradoiro “Árbore de Nadal con Arduino” organizado por Amigus Labs, na Praza do Hospital 14, As Pontes.

Deica pouco chega o Nadal e nesta época esmerámonos en poñer adornos e luces por toda a casa. Unha boa práctica sería poder controlar dalgunha maneira as luces da árbore de Nadal con Arduino.

O sistema actual no que vivimos incentiva un consumo acelerado en practicamente calquera ámbito das nosas vidas. Xa sexa na alimentación, a roupa, xoguetes, os nosos dispositivos electrónicos ou ata nos nosos mobles, a compra, o uso e o refugallo de produtos son procesos vertixinosos. O «Faino ti mesmo», é unha das mellores formas de aforrar diñeiro e de poñer a traballar as túas capacidades innatas e os teus recursos. Coa realización deste taller estarás en condicións de profundar no mundo da programación, o que che permitirá estender os teus coñecementos a outro tipo de circuítos e montaxes de electrónica.

A Asociación Informática Amigus proporcionará todo o material para realizar o obradoiro. A idade recomendada e nenas/os de entre 7 e 12 anos. O curso é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro nesta web.

No caso de ter praza e non poder asistir prégase informar o antes posible para poder cubrir a praza coas seguintes persoas na lista de espera nos emails amigus@amigus.org

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal