Obradoiro de Escornabot para familias

Luns, 17 Outubro 2022
Obradoiro de Escornabot para familias

O 23 de outubro, en Amigus Labs (Praza do Hospital 14, As Pontes), terá lugar o “Obradoiro de Escornabot para familias”.

Escornabot

Escornabot é un robot educativo de software e hardware libre.

Que é o xenial de que sexa así? Que podemos montarnos un cuns poucos compoñentes e pezas, ademais de que podemos melloralo como nós queiramos. Dende o deseño do chasis ata os circuitos ou o programa que fai que se mova. A imaxinación é o límite!

Neste obradoiro xuntarémonos para montar un Escornabot en familia. Aprenderemos que é o software e o hardware libre, como funciona o Escornabot, algunhas nocións básicas de electricidade e electrónica e o máis importante… como usar o noso novo amigo robótico. Non é necesario traer nada de casa, nós temos todo o necesario para montar o Escornabot. Aínda así podes traer o teu ordenador portátil para programalo ti mesmo e seguir fedellando na casa.

Nota: cada praza no obradoiro é para dúas ou tres persoas (obrigatorio adulto e un ou dous menores). Idade recomendada dos nenos/as de 6 a 12 anos. O curso é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en amiguslabs.org.

No caso de ter praza e non poder asistir prégase informar o antes posible para poder cubrir a praza coas seguintes persoas na lista de espera no email amigus@amigus.org. Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal