Mancomún

Obradoiros de Robótica xuvenil na Industriosa

Xoves, 15 Febreiro 2024
Obradoiros de Robótica xuvenil na Industriosa

Os vindeiros luns (de febreiro ata abril), realizaranse na Industriosa obradoiros de robótica orientados á xuventude.

cartel do Obradoiros de Robótica xuvenil na Industriosa

O Obradoiro de Robótica é unha actividade destinada a alumnado de ESO/Bacharelato, entre 12 e 16 anos cuxo propósito é utilizar esta solución tecnolóxica para familiarizarlle coa programación, o pensamento computacional e a robótica educativa. O obxectivo do taller é preparar un equipo para participar na 7ª edición da Competición de Robots da EEI (eei.robots.webs.uvigo.es/) que se celebrará o 19 de abril na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.

A actividade será os vindeiros luns, do 19 de febreiro ao 15 de abril, de 17:00 a 18:30 no local da Industriosa.

A participación e gratuita, a información para a inscrición está na web da Industriosa https://aindustriosa.org/RoboticaXuvenil/

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal