Nova xornada de mapeo colectivo do Patrimonio (in)visible, no Seixo

Mércores, 14 Febreiro 2024
Nova xornada de mapeo colectivo do Patrimonio (in)visible, no Seixo

O vindeiro sábado 24 de febreiro de 2024, a Comunidade O Zulo organiza unha nova xornada de mapeo colectivo do Patrimonio (in)visible de Mugardos. Desta volta o evento celebrarase no local da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo, en quendas de mañá e tarde.

Cartel da xornada de mapeo colectivo do Patrimonio (in)visible, no Seixo
Persoas facendo fotos a un cruceiro
Creado co GIMP www.comunidadeozulo.org

O obxectivo principal da xornada e visibilizar e “mapear” aqueles elementos patrimoniais, lugares, lembranzas que, ben polo paso do tempo ou porque forman parte da memoria das veciñas e veciños do Seixo, merecen o recoñemento neste proxecto.

O evento é gratuito e non é necesaria inscrición.

Horarios

– Quenda de mañá de 11.30 – 14.00 horas.
– Quenda de tarde de 17.00 – 20.00 horas.

A xornada é 100% autoxestionada e está organizada de xeito conxunto pola Asociación Comunidade O Zulo e a Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega, colectivo do podedes seguir as súas actividades na súa páxina de Facebook.

Vídeo resumo da xornada de 2022

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal