I Love Free Software Day 2014

Mércores, 14 Febreiro 2024
I Love Free Software Day 2014

Os colaboradores do Software Libre fan un traballo importante para a nosa sociedade e merecen ser recoñecidos. Por ese motivo, desde fai varios anos, o 14 de febreiro celébrase o “I Love Free Software Day”, unha oportunidade perfecta para expresar o teu especial agradecemento e mostrar a túa apreciación polo Software Libre.

Corazón co texto
I Love Free Software Day

Canto máis grande se fai un proxecto de Software Libre, máis difícil é mantelo. No “I Love Free Software Day” recoñecemos o traballo feito entre todos polo Software Libre, e agradecendo o traballo feito para o Software Libre. Achegámonos e dicimos grazas, a todas as persoas que mantenen e contribúen ao Software Libre, a todas as persoas que defenden o Software Libre.

Ao facelo, aspiramos a crear unha comunidade acolledora na que non só os entusiastas experimentados se sintan seguros para participar, senón tamén que se anime á xente nova a unirse.

O Software Libre non é simplemente un tipo de software: é unha comunidade, é software que empodera aos usuarios e está aí para que todos nós o usemos, entendamos, compartamos e melloramos.

Tarxeta co texto:
Thank You
for your contribution to software freedom!

A edición deste ano ten como tema “Forxar o futuro co Software Libre” porque queremos centrarnos no valor crítico das novas xeracións. Queremos involucrar aos mozos na celebración, tanto agradecendo aos novos contribuíntes, como introducindo os principios do Software Libre aos que non estaban ao tanto antes.

Podes formar parte disto uníndote ás celebracións e organizando un encontro na túa zona local.

Xerador de Sharepic

Usa esta páxina para demostrar o teu amor polo Software Libre e a súa comunidade xerando unha imaxe que poidas compartir en redes sociais ou engadir ao teu blog.

Captura do Xerador de Sharepic

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal