Un papel da Muller na ciencia que importe tódolos días

Luns, 12 Febreiro 2024
Un papel da Muller na ciencia que importe tódolos días

Xa pasou o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, celebrado cada ano desde a súa instauración en 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, e despois deste día de celebración por parte de institucións e empresas, que queda?

Que si, que está moi ben lembrar a importancia crucial de fomentar unha participación igualitaria e plena de mulleres e nenas no ámbito científico. Está ben a celebración dos logros alcanzados por elas en eidos como o tecnolóxico, o científico, o académico, a empresa. Está ben recoñecer os desafíos que aínda enfrontan as mulleres na ciencia, pero aquí nós vimos a lembrar a necesidade de manter viva a loita pola equidade TODOS OS DÍAS DO ANO.

Stickers de Mulleres na Ciencia

Reflexionemos sobre a carga adicional de traballo que a miúdo se solicita ás mulleres nestes contextos, baixo a premisa de celebrar estes días sinalados. A verdadeira inclusión e recoñecemento do papel da muller na ciencia non se mide pola visibilidade ocasional ou as responsabilidades extra impostas en datas sinaladas, senón pola valoración diaria e equitativa da súa contribución e esforzo.

Desde o software libre e a cultura libre refórzase a inclusión da muller e das nenas na ciencia e a tecnoloxía, promovendo como sempre fixemos desde Mancomún a colaboración e o acceso igualitario ao coñecemento. Este enfoque non só democratiza o coñecemento, senón que tamén ofrece un terreo fértil para que as mulleres lideren na creación e contribución ao coñecemento aberto. Se es desas persoas ou institucións que queren asegurar o camiño cara á igualdade de xénero na ciencia e a tecnoloxía non che queda outra que aceptar a transparencia, a cooperación e o respecto mutuo, abrindo así novas oportunidades para que as mulleres e as nenas innoven e prosperen.

O apoio xenuíno á causa feminista non vai de recoñecer figuras históricas femininas ou celebrar un día ao ano os seus logros. Isto vai do día a día, de recoñecer e valorar o traballo e as contribucións das mulleres vivas, en activo nos seus campos de estudo e profesión. Este compromiso constante coa igualdade e a xustiza para todas as mulleres, incluídas aquelas que aínda están a forxar o seu camiño, é fundamental para construír unha sociedade verdadeiramente inclusiva e equitativa, e desde Mancomún este é o camiño que decidimos seguir entre todas.

Bárbara Román (@Barbarajefaza)

Balance do Plan de Acción 2022

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Decembro 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuais

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal