Obradoiro de Segueliñas Rust, na Industriosa

Luns, 12 Febreiro 2024
Obradoiro de Segueliñas Rust, na Industriosa

O 17 de febreiro, en horario de 11.00 a 13.00 horas, terá lugar o “Obradoiro Segueliñas Rust: Sesión de introdución”, organizado pola Industriosa.

cartel do Obradoiro de Segueliñas Rust, na Industriosa

O equipo de robots segueliñas de A Industriosa está a organizar uns obradoiros nos que se traballará no desenvolvemento dun firmware para competición na categoría de velocistas da OSHWDem totalmente escrito na linguaxe Rust.

Terá lugar una sesión inicial na que se dará unha breve introdución á normativa da competición, ó deseño dun robot segueliñas e tamén ó hardware que se empregará nos obradoiros. Tanto o deseño da placa que se empregará como un proxecto básico do firmware se poden atopar no Github de A Industriosa:
https://github.com/aindustriosa/RustyBugA-board
https://github.com/aindustriosa/RustyBugA

esquema do placa do proxecto

A sesión inicial terá lugar vindeiro sábado 17 de febreiro entre as 11:00 e as 13:00 no local da asociación na rúa Gregorio Espino, 38, entreplanta 3, 36205 Vigo, Pontevedra.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Balance do Plan de Acción 2022

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Decembro 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuais

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal